AGASALLOS DO DÍA DO AMOR!

Hoxe é o Día do Amor e da Amizade, e por suposto no noso cole non dubidamos en celebralo! Nada máis chegar comprobamos que Teo estaba de cor rosa, moi moi amoroso, e uns aos outros nos saudamos con bicos e abrazos! Igualmente, descubrimos que os nosos corazóns da amizade xa estaban expostos no corredor. Ademais, hoxe levamos para as nosas casas as mandalas do amor que preparamos estes últimos días, e Teo tamén nos agasallou cunhas piruletas moi amorosas! FELIZ DÍA A TOD@S!

Comentarios