BIQUIÑOS DE ESQUIMÓ!

O próximo martes, 14 de febreiro, os nenos e nenas de Educación Infantil, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Educación Primaria, celebraremos o Día do Amor e da Amizade. Será que veremos ao noso Teo amoroso máis rosa que nunca? Quen sabe...

No día de hoxe, a profe mostrounos as metades duns corazóns de cores que nós escollemos libremente. Cando tódolos Pondaliñ@s tivemos as mans ocupadas, era o momento de buscar ao compañeiro ou compañeira que tiña a outra metade do noso corazón. Non vos diremos nada máis, só que a actividade que faremos con eles se titula "O que máis me gusta de ti", e que as parellas que de aí xurdiron aproveitaron para darse un amoroso biquiño de esquimó. Por certo, este biquiño ten algo que ver con ese libro xigante que estamos a construír...

Aquí vos deixamos tódalas imaxes!












Comentarios

  1. Que simpáticos están, que bonitas as fotos😍😍😍...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que quedaron moi cucos 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario