CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS O PAPÁ E A MAMÁ DE HUGO!

No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Esta tarde seguimos cos "Contos por bicos", e sabedes quen estivo con nós? Eva e David, a mamá e o papá do noso compañeiro Hugo. Contáronnos moitas historias, entre elas "O emocionante día de Piti o caracol", "Os tres porquiños" e "Os sete cabritiños". Ademais, da súa boca puidemos escoitar un conto que coñecemos fai unhas semanas: "Por cuatro esquinitas de nada". Grazas a el puidemos falar da lección que nos dá cadradiño e os seus amigos redondiños, das actividades que realizamos estes días, de tódalas barreiras que existen no noso colexio e nas nosas casas e da maneira de cambialas... Tamén descubrimos que as persoas que van en cadeira de rodas poden conducir e contan con prazas de aparcamento especiais e que, por suposto, poden traballar, como fai o papá de Hugo creando vídeos para nenos e nenas coma nós. Gustáronnos moito tódalas historias, e ao remate de cada u...