CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS O PAPÁ E A MAMÁ DE HUGO!

No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Esta tarde seguimos cos "Contos por bicos", e sabedes quen estivo con nós? Eva e David, a mamá e o papá do noso compañeiro Hugo. Contáronnos moitas historias, entre elas "O emocionante día de Piti o caracol", "Os tres porquiños" e "Os sete cabritiños".




Ademais, da súa boca puidemos escoitar un conto que coñecemos fai unhas semanas: "Por cuatro esquinitas de nada". Grazas a el puidemos falar da lección que nos dá cadradiño e os seus amigos redondiños, das actividades que realizamos estes días, de tódalas barreiras que existen no noso colexio e nas nosas casas e da maneira de cambialas... Tamén descubrimos que as persoas que van en cadeira de rodas poden conducir e contan con prazas de aparcamento especiais e que, por suposto, poden traballar, como fai o papá de Hugo creando vídeos para nenos e nenas coma nós.



Gustáronnos moito tódalas historias, e ao remate de cada unha Hugo foi o mestre de cerimonias para botar os foguetes correspondentes. E aínda quedaba unha saborosa sorpresa... O noso compañeiro agasallounos cunha piruleta de caracol e uns ricos lacasitos! Moitas grazas amigo! Iso si, á profe Rocío o que máis lle gustou foi o xogo que creou a mamá de Hugo a partir da historia de "Por cuatro esquinitas de nada". Mañá despois das rutinas estreámolo sen falta! Moitas grazas Eva!



Por suposto, nós regalámoslles un montón de bicos como agradecemento! Puxémonos moi contentos nada máis velos entrar polo portal do colexio, e ademais de aprender e seguir concienciándonos sobre isto da accesibilidade universal, pasámolo estupendamente ben con esta sesión de contacontos tan bonita! Volvede cando queirades Eva e David, estades máis que invitados!

Comentarios

  1. que suerte vaia visitaaa mas especial!! ojala que po ano novo , o papa de Hugo poda subir a clase sin ningún tipo de problema!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, gustounos moitos recibilos! 👏👏👏 Oxalá que si 🙏

      Eliminar
  2. Pasamolo moi ben, e estes nenos portanse de maravilla! Gracias a vos por todo e por enseñarlle xa desde tan pequenos que todos os sitios deben de estar adecuados para todas as persoas! A verdad e que eles xa o teñen moi claro! 😉

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos sentísedes a gusto con nós, aos Pondaliñ@s tamén nos gustou moito a vosa visita 😍 Claro que si, é importante inculcarlle estes valores desde pequeniños para que se convirtan en adultos que se preocupen polos demais e loiten polos dereitos de todos 👏👏👏

      Eliminar
  3. Oxalá para o ano o papá de Hugo xa poda subir a clase de infantil, qur o ascensor xa está o caer, e o noso cole sexa un pouquiño máis accesible para todos. Que contentos todos os pondaliños ca visita dos papás e a actividade de contos por bicos😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oxalá que si! 🙏🙏🙏 Están contentísimos e entuasiasmados con tódalas visitas, e agora xa comezan con iso de "Profe, ¿o meu papá ou a miña mamá cando vén?" 😍😂

      Eliminar

Publicar un comentario