TALLER DE COCIÑA: DOCES CARACOIS!

Este venres foi o aniversario da profe Rocío, e para celebralo cantámoslle o "Cumpleaños feliz", axudámoslle a soprar as velas e enchemos as nosas barrigolas cunha rica tarta de chocolate que tamén compartimos cos nenos e nenas de 3 e 5 anos!






Ademais, démoslle unha bonita sorpresa agasallándoa cunha preciosa foto grupal e co libriño dos seus caracois de 4 anos que realizaron ás agachadas co profe Xalo... Encantoulle! Moitísimas grazas!


Para continuar coa diversión deste día, realizamos un taller de cociña no que creamos uns doces e ricos caracois... Primeiro, untamos crema de chocolate nuns biscoitos de soletilla que se transformaron nos pés dos nosos caracois. De seguido, espolvoreamos virutas de chocolate sobre eles porque nos gustan moitísimo e sobrárannos algunhas do taller de cociña de Samaín. Logo, para que os nosos caracois puidesen ter cuncha, colocamos a metade dunhas mini-ensaimadas sobre os biscoitos. E, por último, partimos dous cachiños dun pauiño de chocolate para crear os seus tentáculos. Mirade que ben o fixemos!









Como non podía ser doutra maneira, pola tarde organizamos unha rica merendola cos nenos e nenas de 3 e 5 anos, aos que lles demos tódolos ingredientes necesarios para crear os seus caracois nas súas aulas, para así poñernos as botas todos xuntos no corredor!





E a pesar desta festa, non nos esquecemos de alimentar aos nosos caracois. Aquí temos á nosa compañeira Martina con este picadillo de ricas froitas e verduras que lles encantará aos nosos caracois!

Comentarios

  1. seguro que pasaches un mooi feliz cumpleaños!! non hai mas ca verche o sorriso....e jijijijji se os pondaliños aguantaron o secreto do regalo...jijijiji que ben o fixeron jajajaja , e vaia caracois mmaas ricasssss tiñan moi boa pintaa !!un bicolo e un abrazo por ese cumpreaños superprofe!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias, o cumple foi xenial! 😍 A algunha Pondaliña escapóuselle algo pero a profe sabe moi ben facerse a sueca 😜 E os caracois riquísimos! 🤤

      Eliminar
  2. Moitismas Felicidades rocio e gracias por acordarvos de alex o viernes ainda andaba regulin asi que deixamos os caracoles po desayuno do sabado e el mais hector puxeronse as botas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias! 😊 Unha pena que Alejandro non estivese con nós ese día, pero el e seu irmán non podían quedar sen encher as súas barrigolas con estes caracois tan ricos 🤤

      Eliminar
  3. Pero que cumple máis ben celebrado, e nunha compañía inmellorable, que cara de felicidad e que contentos están todos celebrando o cumple da súper profe preferida. Encantánme eso caracois de bizcoito😋😋😋😋, que boa pinta. Un bico enorme Feliz Cumple!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas gracias, paseino fenomenal e moi ben acompañada! 😍 E os caracois riquísimos 🤤

      Eliminar
  4. Moitas felicidades q maravilla cumplir anos así

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias! A verdade é que non podía chegar aos 25 en mellor compañía 😍

      Eliminar

Publicar un comentario