NOVIDADES ESPACIAIS!
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe! Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no plan...