CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL!
Como participantes do 'Programa de Dinamización da Biblioteca Municipal' proposto polo concello de Ponteceso, esta mañá achegámonos ata alí para desfrutar dunha divertida sesión de contacontos por parte do 'Proxecto Bululú'.
Para chegar ata a Biblioteca Municipal usamos o autobús, a primeira vez neste curso, e que tanto nos gusta!
E aquí nos tedes a tódolos Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos dispostos a escoitar tódalas historias que nos estaban a piques de contar!
A primeira delas foi a do "Capitán Calabrote" e unha convidada moi especial tivo que subirse ao escenario para interpretar a un vello pirata ao que lle roubaran o seu tesouro... A ver se a recoñecedes!
O segundo conto que nos contaron foi o de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", mais aí foron outros os convidados especiais... Esperamos que os poidades recoñecer agochados baixo a súa indumentaria!
Ambas historias nos fixeron estar moi atentos e participativos e, sobre todo, rir a gargalladas!

Ademais, podedes ver novas imaxes na páxina do Concello de Ponteceso:
Asi da gusto. Estes pondaliños estan ben atentos.
ResponderEliminarMario veu encantado co capitan Calabrote!🤣🤣
ResponderEliminarNon o dubidamos! 😋
Eliminartiña moi boa pintaaa Roi veu encantadoo
ResponderEliminarSiii, pasárono xenial! 😄
Eliminar