PSICOMOTRICIDADE MARCIANA!

Esta mañá, ademais dunha nova peza do mapa que a traterá de volta á Terra, recibimos unha nova mensaxe da nosa querida astronauta Valentina Tereshkova. Queredes saber que nos dixo? Aquí vos deixamos a súa mensaxe:


Como puidéchedes comprobar, quedou moi contenta das nosas investigacións sobre o noso satélite, a Lúa, e para esta semana deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta da nosa compañeira Martina. Este planeta, ademais, ten un nome moi similar ao seu... Claro que si, estes días investigaremos máis sobre o planeta vermello, saberemos máis sobre Marte!

Hoxe xa realizamos as primeiras investigacións despois de buscar a Marte nas páxinas dos libros do Espazo que se atopan na nosa biblioteca, e tamén de ver algún que outro vídeo agochado pola rede. Os datos que máis nos sorprenderon foi que Galileo Galilei foi quen o viu por primeira vez en 1610 desde o seu telescopio; que ten a montaña máis alta do Sistema Solar, un volcán que se chama Monte Olimpo; que conta con dous satélites, as lúas Fobos e Deimos, e que o primeiro deles cada vez estase achegando máis e algún día chocará con Marte; e, sobre todo, que entre a súa órbita e a de Xúpiter, o seguinte planeta do Sistema Solar, atópase un cinturón de asteroides.

E para seguir aprendendo máis sobre o planeta vermello, coma tódolos luns, a profe Bea encargouse de prepararnos unha clase de Psicomotricidade moi marciana.

O primeiro dos xogos era un pilla-pilla moi especial. Algúns Pondaliñ@s pillaban e outros escapaban polo interior do planeta, e estes tiñan que ter en conta que os polos de Marte eran a casa, xa que alí se conxelaban coma a auga destes polos, pero nela só podían permanecer 4 segundos, xa que Marte é o planeta número 4. E cando un Pondaliñ@ atrapaba a un compañeiro, este tiña que quedar completamente quieto, xa que se transformaba nunha das moitas montañas coas que conta Marte.

Seguidamente, un par de Pondaliñ@s transformáronse en asteroides que viaxaban polo cinturón, e os demais compañeiros tiñan que intentar cruzar de Marte a Xúpiter, e viceversa, sen que os asteroides os atrapasen, pois se un os collía, deixaban de ser Pondaliñ@ e pasaban a ser asteroides do cinturón.

Xa para rematar a sesión, falamos de Fobos e Deimos, as dúas lúas do planeta vermello. Puxémonos por parellas e xogamos a imitarnos. O que facía Fobos tíñao que repetir Deimos e o que facía Deimos tíñao que repetir Fobos.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada de hoxe. Agardamos que vos guste tanto como a nós!

Comentarios

  1. Que genial alex hoxe contoumo case todo, tamen ten conjuntivitis asi que non ira o cole en toda a semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que Alejandro é un dos que máis motivado está coa temática deste trimestre! Xa sabe moito e aínda quere saber moooooito máis! 😍
      Jolín, que mala pata... Entre as caídas e a conxuntivite está claro que hoxe non era o seu día 😞 Mándalle un achuchón grande para que se recupere canto antes, e que estea moi atento ao blog que iremos subindo cousiñas que seguro lle interesan 😉

      Eliminar
    2. Si o pobre xa onte pola mañan estaba raro e p final... si xa me dixo el que tiñamos que mirar por si habia mais menxaxes de valentina

      Eliminar
    3. Xa vin hoxe unha fotiño que me ensinou Angela e madre mía como ten os olliños 😞 Mañá á noitiña ou xoves pola mañá que estea atento que seguro que hai un vídeo que lle fai moita ilusión 😍

      Eliminar
  2. Andrea tan pronto veu do cole xa me contou o que fixera e viña moi contenta. Canto aprenden estes pondaliños. Asi da gusto.

    ResponderEliminar
  3. jijijiji que ben o pasan !! están tan motivados que Roi a sua lectura de noite e sobre universo ou planetas quere saber mais mais e mais....están supermotivados !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, Roi tamén é dos que está hiperultramegamotivado co Universo! Non sei se che contou, pero agora temos como misión resolver a dúbida que lle preguntou súa tía e que xa nola trasladou onte con moita urxencia: "Por que Saturno ten aneis e de que están formados?" Agora xa non só é Valentina a que nos deixa misións, isto de ser expertos espaciais danos moitas sorpresas 😂😂😂

      Eliminar
  4. JAJAJAJAJAJAJA pois sii tenos a todos asi de implicados co espacio jajajajjajaja a sua tia si foi verdad que lle fixo esa pregunta e acordouseeee jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa veredes a que liou Valentina... A este paso ímoslle ter que pedir a dirección a tía Josefa que lle temos que enviar algo 😆😆😆

      Eliminar

Publicar un comentario