ESTREAMOS XILÓFONOS!

No día de onte os Pondaliñ@s de 5 anos visitamos, coma tódalas semanas, a aula de Música coa profe Sheila. 

Comezamos a sesión recordando a casa dos sons onde o cadeliño Leo, neto de Laika, creaba as súas cancións. O que non sabíamos era que esa casa tiña varios pisos, polo que a mestra nos presentou a dúas veciñas: Mimí (Nota 'Mi') que vivía no 1º e Sole (Nota 'Sol') que vivía no 2º. Aquí as tedes!


Como vedes, ademais de vivir en pisos diferenes, Mimí e Sole son de cores diferentes. Sabedes por que? Pois porque desta maneira podemos facelas soar nos xilófonos que a profe Sheila creou para nós. Un para cada Pondaliñ@, que sorte temos con esta mestra!

Así pois, puxémonos mans á música e descubrimos que se coa baqueta facemos soar a lámina amarela escoitarase a Mimí, pero se a que tocamos é a lámina azul soará Sole.

E encantounos a experiencia! Mirade canta concentración!



Fixémolo tan ben que a profe Sheila ata nos dixo que calquera día podíamos tocar unha pequena canción! Pero para iso temos que coñecer ás demais notas que viven na casiña dos sons. Seguiremos informando dos nosos avances musicais!

E para rematar a sesión, cantamos unha canción de María Fumaça titulada "Lúa" incluída no libro-disco que leva por nome "Xiqui xoque, fiú fiú"! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Encántanos!

Comentarios

  1. Que sorte tteñen estes nenos cas profes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a profe Sheila é xenial! 😍 A ver se a podemos ter de novo o curso que vén! 🤞🤞🤞

      Eliminar
  2. que xilofonos mas chuliss encantamne que lles guste tanto a musica..somos fans de Maria Fumasa !!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Apasiónalles! E non é de extrañar con tódalas cousiñas que fan na clase de Música! 😍 E si, María Fumaça é xenial 👏👏👏

      Eliminar
  3. Que chulada os xilofonos...que sorte teñen e todo o que aprenden

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, son xeniais e gústalles moito a clase de Música! 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario