CELEBRAMOS O MAGOSTO!

No día de hoxe celebramos unha festa tradicional de Galicia: o Magosto! Como non podía ser doutra maneira, comezamos esta festa comendo o froito máis típico destas datas: as castañas!





Seguidamente, realizamos o tradicional tiro da corda que xa estivemos ensaiando coa profe Bea nas clases de Psicomotricidade. Obtivemos un empate moi xusto! E para rematar, todos xuntos cantamos a cantiga "Non chas quero", que tamén preparamos coa mestra Sheila nas clases de Música. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora:


Para completar o día, levamos a cabo a última das actividades relacionadas co Samaín: crear a nosa propia manualidade! Recordades a man verde dun supercumpleañero e as caras de terror de tódolos Pondaliñ@s? Pois xuntamos todo e engadimos un OVNI con luz e moitas estrelas e purpurina! E este é o resultado... Neste Samaín somos abducidos por extraterrestres! O luns estas manualidades xa poderán decorar as nosas casas, pero esta fin de semana pasarana na escola porque necesitan secar un pouquiño máis! Agardamos que vos gusten!




Comentarios

  1. Polas cariñas pasarono super ben aunque a Aroa non lle gustan moito ela disfrutao igualmente 😂😂😂😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Os Pondaliñ@s con calquera festa o pasan ben! 🎉🎉🎉 Hai moitos que non son moi amigos das castañas, pero para iso a profe xa levou galletas 🍪🍪🍪

      Eliminar
  2. jajajajaajjaaj o empate xusto!! e que ben cantan da gustoo velooss jijiji e os marcianos moi bonitossss !! jijijii

    ResponderEliminar

Publicar un comentario