SEMANA DO SAMAÍN: CURTAS DE TERROR!

Esta mañá, despois do recreo, realizamos unha das últimas actividades relacionadas coa época máis terrorífica do ano: o Samaín!

Para iso, na biblioteca xuntámonos os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos e Cleo tíñanos preparadas unhas curtas propias desta celebración e tamén algún que outro conto e canción! E todo isto acompañado dunhas deliciosas palomitas para crear unha auténtica sesión de cine! 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes:





E as palomitas non foron as únicas que encheron as nosas barrigolas. Como ben sabedes, a nova misión de Valentina está relacionada co noso satélite, e para seguir coñecendo un pouquiño máis as fases da Lúa, decidimos facer un pequeno taller de cociña con galletas Oreo!

Algúns quixémolas levar para merendar na casa, e outros xa comemos as nosas lúas durante a merenda da mañá... O que todos fixemos foi pasalo moi ben e papar aqueles cachiños de galleta que necesitábamos sacar para crear a lúa chea, a menguante, a nova e a crecente! Por suposto, a parte branca da crema era a que estaba iluminada polo Sol, e a escura da galleta era a que non recibía ningún tipo de luz da nosa estrela.

Seguiremos realizando algunha que outra actividade para continuar interiorizando estes conceptos. Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste proceso: 





E aquí está o resultado final!





E se hoxe non queremos comer demasiado, xa sabedes... A culpa é do cole! 

Comentarios

  1. O que lles gusta o cine e as palomitas...teño que decir que me encanta ver a Álvaro e a Lucía na misma foto compartindo momentos no cole, e que despois cheguen a casa e intenten contarme cada un a súa maneira jijiji...e poder ver estás fotitos con eles, e que me expliquen... Que súper idea facer as fases da Lúa cas galletas oreo, gustame a idea 😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, e mañá seguirán compartindo momentos porque celebraremos todos xuntos o Magosto! 🤗 E a verdade é que a idea das galletas atopeina en Pinterest e encantoume, e aos Pondaliñ@s penso que máis aínda que sonche uns larpeiriñ@s 😋 Mañá faremos outra degustación dunha froita que esta semana saiu nun traballiño pero que non coñecían, a ver que lles parece 😅

      Eliminar
  2. jolin o dia que faltou Roi ! neste cole non se pode faltar un dia que te perdes un espectáculo jijiji hoxe tuven que ir comprar as oreoo jijijijijiji faremos as fases da lua na casa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, hai que falar coa profe a ver que ten planificado antes de pedir citas médicas 😋 Pero por sorte está o blog para non perdernos nadiña e poder reproducilo na casa 😉 Co larpeiriño que é Roi, a ver canto duran esas fases da Lúa fóra da súa barrigola 😍

      Eliminar

Publicar un comentario