SUPERANIVERSARIOS DE NOVEMBRO!
No día de hoxe estivemos de celebración! Claudia e Mariña fixéronse maiores durante o mes de novembro e xa cumpriron 5 anos! Aquí as tedes no noso marco dos aniversarios!
Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de 'Supercumpleañeras nº5'!
Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ás nosas compañeiras, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!
Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos. Uns grandes libros de debuxos para Claudia e Mariña!
Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas amigas sopraban a súa vela de aniversario!
Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa! Non quedou nadiña...
Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Raquel e Ainoa, a mamá e a irmá de Claudia; e tamén Reme, Alfonso e Brais, a mamá, o papá e o irmán de Mariña. Moitas grazas por vir!

MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
Feliz cumple a Claudia e a Mariña, cómo me gusta esta temática para os cumples de super héroes....y sino lo veo lo lo creo...Lucía tomando un zumito dos que se levan os cumples...Jajaja...os cursos pasados nada a parte do final con zumo azul...
ResponderEliminarMoitas gracias polas felicitacións! 😊 Alegrámonos de que vos guste a temática, ídevos preparando para o 2º trimestre que ides ter as casas cheíñas de superheroínas e superheroes! 😍 E si, Lucía desde este curso está tomando zumes nas celebracións! Iso si, só se son de melocotón! 🤗
Eliminar