UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DE VALENTINA TERESHKOVA!

Esta mañá recibimos unha mensaxe moi especial da nosa astronauta favorita... Queredes adiviñar por que? Estade ben atentos a este vídeo que nos enviou Valentina Tereshkova porque ademais dunha nova misión para os Pondaliñ@s de 5 anos que estamos no cole, deixou un novo reto para alguén que ten que estar toda a semana na casiña sen vir ao cole. A ver se adiviñades de quen falamos...


Por suposto, mandámoslle moitos achuchóns ao noso compañeiro Alejandro para que se recupere moi pronto! E queremos que o luns cando regrese á escola veña coas respostas ás preguntas que lle fixo Valentina Tereshkova! Nós xa as coñecemos, pois estivemos buscando información nos libros espaciais da nosa biblioteca, e tamén vimos algún que outro vídeo sobre o planeta máis grande do Sistema Solar!

E falando de cousas grandes... Mirade como vai medrando o noso mapa! Xa queda menos para que a nosa amiga astronauta volva ao noso planeta!


Pero aprender máis sobre Xúpiter non foi o único que fixemos no día de hoxe... Tamén estivemos falando e reflexionando sobre un tema moi importante, e para que a todo o mundo lle quedase claro o noso parecer, ata gravamos un vídeo! O vindeiro martes 20 de novembre estará colgado na web do cole, pois nel non só aparecemos os Pondaliñ@s de 5 anos, senón que participará todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal! Xa descubriredes de que se trata e por que o temos que publicar si ou si este día en concreto! Estade ben atentos...

Comentarios

  1. Moitas gracias os compis e a profe rocio e brenda por acordarse de alex. Gustoulle moito a menxaxe de valentina asi que a aprender mais de xupiter

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito! 😊 A investigar moito mentres nos recuperamos 😘😘😘

      Eliminar

Publicar un comentario