UN DÍA DO MÁIS VARIADO!
O de hoxe foi un día do máis variopinto... Comezamos a mañá recibindo a Carrapuchiña e ao Lobo Feroz, que nos deixaron unhas invitacións para mañá asistir a unha sesión de contacontos á Biblioteca Municipal! Aquí vos deixamos o vídeo que o corrobora!
Un pouquiño antes de merendar cantámoslle o "Cumpleaños feliz" á profe Rocío que estivo de aniversario este sábado. Para celebralo axudámoslle a soprar as velas e papamos case toda a tarta que nos trouxo! Parece que estaba boísima!
E xa para rematar o día, na clase de Psicomotricidade a profe Bea preparounos uns xogos relacionados cos dous planetas que traballamos a semana pasada: Xúpiter e Saturno. Fixemos carreiras de relevos e saltamos á comba para aprender máis sobre o planeta máis grande do Sistema Solar, mais non temos imaxes porque nestes xogos as profes tamén formaban parte deles e non podían sacalas. De quen temos vídeo é dos xogos que fixemos relacionados con Saturno e os seus aneis. Aquí volos deixamos:

Felicidades Rocio. Como disfrutan estes nen@s.
ResponderEliminarMoitas gracias! 😊
EliminarEsa sesión de contacontos tenche boa pinta1 seguro que o pasan estupendamente e moitas felicidades Rocio!! que siempre sigas asi con esas ganas afortunados de terte estes aniños...haii quen os pillaraaaa jijijjiji
ResponderEliminarMoitas gracias! 😊
EliminarMuchas gracias! 😊
ResponderEliminar