NOVA VISITA DE VALENTINA TERESHKOVA!

Despois dunha semana desaparecida por algún lugar do Universo que descoñecemos, Valentina Tereshkova regresou á nosa aula cunha nova mensaxe... Tiña moitas cousas que contarnos, como que a tía Josefa respondera ao noso vídeo! Que emoción ler as súas palabras!

Ademais, como non podía ser doutra maneira, deixounos unha nova peza do mapa que se rompeu en 15 anacos. Un mapa que, por certo, cada vez está máis cheo! E o que tamén nos deixou foi un novo reto para estes días: saber máis do planeta Urano. Aquí vos mostramos o vídeo que nos enviou:


Fixémoslle caso á nosa astronauta favorita, e ademais de ver algún que outro vídeo explicativo, devoramos as páxinas de tódolos libros que falaban sobre Urano, e xa foi moito o que aprendemos! 

O que tamén fixemos por primeira vez foi pintar con leite! E sabedes o que pintamos? Pois o planeta Urano que aparecía na ficha técnica que nos deixou Valentina! Pero iso xa o veredes a final de trimestre cando levemos o noso 'Libro do Universo' para as nosas casas.

Ademais, queremos compartir con vós algunhas páxinas webs que conteñen diferentes xogos interactivos relacionados co Espazo. Algúns deles xa os coñecemos, pois con eles argallamos na nosa PDI, e os que aínda non farémolo nas vindeiras semanas. Iso si, hai que ter en conta que algúns dos xogos son para nenos e nenas de Primaria, polo que neses casos precisaremos dun pouquiño de axuda. Aquí vos deixamos os links por se algún Pondaliñ@ quere repetir a experiencia na súa casa:



Agardamos que vos gusten e que o sigades pasando moi ben con estes xogos tan divertidos!

Comentarios

  1. Genial grazas asi este finde aburrido e chuvioso podemos xogar a saber mais cousiñas do sistema solar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! 😊 A ver que novidades nos trae Roi o luns! 😉

      Eliminar

Publicar un comentario