RESOLVEMOS AS DÚBIDAS ESPACIAIS DA TÍA JOSEFA!

Esta mañá recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nesta ocasión deixounos unha misión ultraespecial! Ademais de para axudala a ela no seu regreso á Terra, desta vez temos que investigar máis sobre o planeta Saturno para resolver as dúbidas de Josefa. E quen é Josefa, vos preguntaredes... Pois Josefa é unha tía de Roi que vive en Arteixo, e que fai uns días lle fixo ao noso compañeiro un par de cuestións que el non sabía responder, pero agora xa si! Aquí vos deixamos o vídeo da nosa astronauta favorita para que o entendades mellor:


Por suposto, aceptamos o reto axudarlle á tía Josefa moi amablemente. E despois de ler algún que outro libro de información, ver un par de vídeos explicativos e resolver dúbidas como a de que era un cometa, os Pondaliñ@s estabamos máis que listos para enviarlle ese vídeo á tía Josefa. Aquí volo deixamos, esperamos que a nosa mensaxe resolva tódalas súas dúbidas. E se algún familiar ten algunha dúbida diferente tamén pode consultarnos sen ningún problema. Faremos o posible por axudarvos!


Ademais, aproveitamos esta entrada para comentarvos que xa coñecemos a un novo habitante do País das Letras. Despois do Panadeiro P, chega o Leiteiro L! 

Comentarios

  1. Ola, son a tía Josefa, encantoume o voso vídeo e as vosas explicacions. Xa me dou de conta que sodes todos una expertos en planetas, e estou súper orgullosa tanto de Roí coma de todos os seus compañeiros e a sua Profe. Moitas gracias por explicarme tan ben o do planeta Saturno, xa me quedou moi claro. Seguide traballando así de ben, e quien sabe, seguro que algún ou alguna se pode convertir nunha Teresa Tereshkova ou nun Neil Armstrong, porque con todo o que xa sabedes....
    O digo, gracias pola explicación, polo vídeo, e estou súper súper orgullosa de todos vos. Un bico súper forte!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, que ben que nos contestases tía Josefa! 😊 Alegrámonos de que as túas dúbidas quedasen máis que resoltas, e se tes algunha máis xa sabes... Mándanola por Roi e nós faremos o posible por resolvela! Outro bico moi grande para ti de parte de tódolos Pondaliñ@s 😘😘😘

      Eliminar
  2. Moiitisimas gracias polo video 1! mi madree canto saben estos nenos!!seuro que a tia Josefa aprendiu moito moito xa non ten ninguna dudbida !! gracias profe Rociooo seguro que Josefa quedou moi MOII CONENTAAAA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, a verdade é que con esta misión estaban súper motivados, axudarlle á tía Josefa non é calquera cousa e menos se o pide Valentina 😋

      Eliminar
  3. Gracias os pondaliñ@s aprendían moito, sodes uns xenios, e seguro que daqui sale algún Neil Amstrong, apuntome para ir o espacio e aprender moitas cousas. Gracias, Rocio e gracias OS pondaliñ@s, en especial a meu sobrino Roí, que parece unha enciclopedia de todo o que sabe. Moitos moitos bicazos para todos, e seguide así aprendendo moito moito.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario