TEO VOLVE DA CASA DE... AROA PENEDO!

Esta mañá, a nosa mascota de cor azul regresou á escola acompañado de Aroa, quen viña disposta a contarnos tódalas aventuras que viviron durante esta fin de semana... O venres, despois de chegar do colexio, Teo e Aroa descansaron no sofá vendo a televisión. Logo, a nosa compañeira presentoulle aos seus canarios: Carlitos e Lupita. O sábado, nada máis levantarse, a nosa mascota azul descubriu que Aroa tiña na súa casa... UN TEO DE COR ROSA! Que emoción! Unha vez listos, os dous Teos, Aroa, os seus papás e o seu irmán Kevin montáronse no coche. A onde irían? Á Coruña, pasar o día no Marineda City! Alí aproveitaron para sacar unhas fermosas fotos coa decoración de Nadal, e tamén para comer no Burger King. Mirade que guapos coas súas coroas! A Aroa tamén a viñeron visitar os seus curmáns maiores, e con Lucía e Alejandro estivo xogando toda a tarde do domingo. E non sabedes que pasou esta mañá? Menuda sorpresa levou a nosa compañeira cando a profe Rocío lle dixo que os coñecía, xa que...