POMBAS DA PAZ!

O próximo luns 30 de xaneiro, tódolos alumnos e alumnas da nosa escola celebraremos o Día da Paz. Como ben sabedes, coa mestra Luisa estamos ensaiando o "Baile da Paz", que ese día cantaremos e bailaremos todos xuntos. Ademais, mañá acudiremos ao Auditorio de Cabana de Bergantiños para ver en directo a Mamá Cabra interpretando esta e outras moitas cancións relacionadas coa paz.

Pero... Que é iso da paz? Esta tarde tivemos unha pequena conversa na que intentamos definila: dar abrazos, dar bicos, dar caricias, non pegar nin molestar aos demais, xogar tranquilos...

Sabendo do que estabamos a falar, xa estabamos preparados para participar no gran mural da paz que construiremos con tódolas nenas e nenos do noso colexio e que moi pronto poderedes ver no noso hall. Para iso, era necesario decorar unhas pombiñas da paz. Aquí nos tendes:





E aquí está o resultado final:

Comentarios

Publicar un comentario