BAILE DA PAZ!

O próximo luns, 30 de xaneiro, no CEIP Eduardo Pondal conmemoraremos o Día da Paz! Esta mañá, a mestra Luisa, presentounos a canción que tódolos nenos e nenas da nosa escola cantaremos e bailaremos este día. Titúlase "Baile da paz", é de Mamá Cabra, e aquí vola deixamos, por se a estes Pondaliñ@s lles apetece ensaiala nas súas casas:


Ademais, temos unha noticia en primicia! O próximo martes, 24 de xaneiro, as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos, realizaremos unha nova saída! (Nos vindeiros días enviaremos a autorización con toda a información) Xunto ao alumnado do CPI As Revoltas e do CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños, acudiremos ao Auditorio Municipal do concello veciño para presenciar en directo a actuación de Mamá Cabra, que interpretará cancións do seu libro-disco "A bruxa Discordia. Cancións para a paz" no espectáculo titulado "Paxaro amigo. Músicas para a paz".


Na nosa aula, durante estes días, iremos escoitando as diferentes cancións que conforman este disco. Se aos Pondaliñ@s tamén lles apetece escoitalas nas súas casas, pódeno facer de diferentes maneiras:

Comentarios

  1. Arre que te tiña que chamar que era hoxe Mama cabra 🙄😂

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajajaja, creo que a profe non se explicou moi ben porque hoxe uns cantos máis viñeron preguntando por que non iamos ao concerto! Xa rodeamos o día no calendario para que non houbese máis confusións deste tipo!

      Eliminar
  2. Genial por eso alejandro decia que iba de excursion

    ResponderEliminar

Publicar un comentario