MAGOSTO 2017!
Este venres celebramos o Magosto na nosa escola! A chuvia truncou un pouquiño os nosos plans e tivemos que realizar algún cambio nas nosas actividades, pero de tódolos xeitos pasámolo estupendamente ben!
Comezamos a mañá acudindo á aula de cine, onde vimos un cachiño da película "Monstruos, S.A." acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos, así como dunhas ricas palomitas!
Seguidamente, baixamos aos dous patios do noso colexio, onde nos distribuímos en seis grupos mixtos para realizar diferentes xogos populares que prepararon os profes Xalo e Carlos: mariola, comecastañas, zancos, bolos, aros e carreiras de culleres. Aquí podedes ver un pequeno resumo:
Despois de tanta diversión, tocaba estrear os portacastañas e repoñer o bandullo cunhas ricas castañas e uns saborosos zumes!
E despois dun pequeno recreo, para rematar esta xornada festiva, tocou tirar da corda e cantar todos xuntos o "Non chas quero"!
Iso si, a pesar das ganas de festa, non nos olvidamos de alimentar aos nosos caracois! A nosa compañeira Leila trouxo comida para toda a fin de semana, e por primeira vez os nosos caracois probarán os champiñóns!

en veña festa!!!! jijiji un dia diferente!!
ResponderEliminarSi, pasárono moi ben 🕺💃
EliminarComo lles gustan as festas no cole, que contentos están. Con Lucía este ano o que creo que non tivo éxito foron as castañas asadas, según nos dixo o chegar a casa, porque este ano según ela non lle gustan😂😂😂, que rapido lle cambian os gustos jejeje...
ResponderEliminarPois si que lle cambian si, porque unhas cantas axudeille a pelalas e podo prometer e
Eliminarprometo que non lle comín ningunha. É tremenda! 😆
Cada día traballades mais cos nenos ides ter q darme energía a min para seguir o voso ritmo jajajajajajaj
ResponderEliminarJajajajaja 💃💃💃
Eliminar