CELEBRAMOS O MAGOSTO!
Esta tarde o alumnado ao completo do CEIP Eduardo Pondal celebramos o Magosto! Tivo que ser no patio cuberto porque o tempo non acompañou...
Despois de tocar a serea e ir rapidamente ao baño, o primeiro que fixemos foi un tren no noso lugar habitual, pero desta vez tocaba sentarse para esperar todo o que nos esperaba... Mentres, aproveitamos para sacar unhas fotiños!
A continuación, un par de bruxos sorprendéronnos (e a algúns asustáronnos) coa súa aparición estelar... Despois das presentacións, como é tradición no noso cole, era o momento de queimar os nosos medos. A nosa encargada Daniella foi quen os depositou no lume, acompañada de Xabi e do profe Xalo, mentres que os demais nenos e nenas lle dicíamos adeus desde un pouquiño máis atrás.
Por suposto, non podíamos faltar ao tradicional tiro de corda! Estivemos ensaiando co profe Carlos nas últimas clases, e non se nos dou nada mal...
Seguidamente, era a quenda da mestra Luisa, coa que ensaiamos a cantiga "Non chas quero". Todo o cole coñecía o seu retrouso!
E uns minutiños antes de marchar, chegou o momento máis esperado: COMER AS CASTAÑAS! Aquí nos tendes cos nosos portacastañas decorados cunha castaña que nós mesmos pintamos... ÑAM, ÑAM!
Despois de tocar a serea e ir rapidamente ao baño, o primeiro que fixemos foi un tren no noso lugar habitual, pero desta vez tocaba sentarse para esperar todo o que nos esperaba... Mentres, aproveitamos para sacar unhas fotiños!
A continuación, un par de bruxos sorprendéronnos (e a algúns asustáronnos) coa súa aparición estelar... Despois das presentacións, como é tradición no noso cole, era o momento de queimar os nosos medos. A nosa encargada Daniella foi quen os depositou no lume, acompañada de Xabi e do profe Xalo, mentres que os demais nenos e nenas lle dicíamos adeus desde un pouquiño máis atrás.
Seguidamente, era a quenda da mestra Luisa, coa que ensaiamos a cantiga "Non chas quero". Todo o cole coñecía o seu retrouso!
E uns minutiños antes de marchar, chegou o momento máis esperado: COMER AS CASTAÑAS! Aquí nos tendes cos nosos portacastañas decorados cunha castaña que nós mesmos pintamos... ÑAM, ÑAM!
ATA O MAGOSTO QUE VÉN!
Pero que ben o pasaron!! Noa veu toda contenta co seu portacastañas.
ResponderEliminarIso é o máis importante! :)
EliminarMoiitiisiimas gracias Rocio !! non sabes o que che agradezo os videos e as fotitos e todo o teu traballo que fas!!! gracias !!
ResponderEliminarMoitas grazas a vós por estes peques tan guays que me tocaron! :)
Eliminar