PINTAMOS CON CADOLOS!

Hoxe comezamos a mañá coa profe Silvia, traballando o soplo con pompeiros e velas no patio. Para poder atendernos mellor, sempre dividimos a clase en dous grupos para realizar os diferentes exercicios. Hoxe baixaron coa mestra o equipo azul e o equipo vermello, e a próxima semana farano o verde e o amarelo, aínda que todos xuntos fixemos a ximnasia da boca, xa que así empezamos a sesión de PELO tódolos xoves.

Os que permaneceron coa profe Rocío na clase pintaron e picaron a castaña que xa colocamos nos nosos portacastañas. Cando os outros compañeiros volveron, foron estes os que a decoraron. Mentres, os membros do equipo verde e do equipo amarelo visitaron o recanto dos números e o das letras. E sabedes que? Cada día somos máis autónomos e organizámonos mellor neles e a mestra está súper contenta coa nosa evolución! Mariña e Lucía decidiron xogar ao memory, e Andrea e Alejandro ao dominó. Por outra banda, o equipo amarelo decidiu axenciarse dalgunhas pizarras e escribir o nome de tódolos membros do equipo. Logo, transformáronse en mestres e mestras que ían dicindo letras e números que os compañeiros e compañeiras escribían. Fantástico!






Despois do recreo, decidimos realizar un brainstorming para así recordar todo o que sabemos do outono. Tendo en conta tódalas ideas, cada un de nós decidiu centrarse nun elemento outonal para realizar a súa obra de arte mentres escoitabamos o "Outono" de Vivaldi. Aquí nos tedes en pleno traballo! Fixádevos ben nas fotografías porque desta vez non pintamos con pinceis, senón que aproveitamos os cadolos do millo que debullamos! Ademais, tamén aprendemos que se poden chamar carozos, xa que así nolo explicou Alejandro cando dixo que era un dos alimentos favoritos dos seus cabalos!






Aquí tedes os resultados finais secando na nosa alfombra. O próximo luns, xa que mañá celebramos o Magosto e non estaremos na aula, falaremos deles e darémoslle titúlo para logo expoñelos no museo que xa temos no noso corredor!


E despois disto, algo moi importante... Recoller cadolos e bandexas e limpar mesas, mans e caras porque así rematamos a nosa sesión de pintura! Somos uns artistas!





Finalmente, esta tarde limpamos e alimentamos aos nosos caracois, e estes probarán unha nova froita grazas ás fresas que lles trouxo o noso compañeiro Xabi. Ademais, descubrimos que polos respiradoiros do noso caracolario escapan os caracois recén nacidos e que se pegan no noso espello. Temos que poñerlle unha rede que lles deixe respirar pero non saír! Así mesmo, observamos o corpo dun caracol moi extraño que apenas tiña cuncha. Non sabemos se lle está caendo ou rexenerando, nin tampouco por que está ocurrindo isto, pero estaremos pendentes da súa evolución para ver que ocorre con el...


Comentarios

  1. Que guay quedaron o q pintaron. Estan para encuadralos. Son uns autenticos artistas. A verdade e que teñen unha profe que lle enseña moitisimo.

    ResponderEliminar
  2. Que maravilla ver todo o que xa saben facer, e todos os xogos que coñecen. O que máis me sorprende que xa con 4 aniños o que levan aprendido ca súa profe, porque falando neste post do outono de vivaldi( que eu non sei cal é a sinfonía, teremos que investigar) cando Lucía escoita a primavera de Vivaldi, sabe decirche perfectamente de quen é esa música, e non será porque na casa o escoitemos moito, quedo alucinada porque eu ca súa idade non tiña nin idea de esas cousas,coma ese exemplo máis...Oxalá seguises sendo a súa profe por moitos anos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que por sorte a Educación Infantil cambiou moito e duns anos para aquí trabállanse moitas cousiñas de xeito moito máis lúdico 😉 Aos Pondaliñ@s aínda nos queda un ano e moitos meses de aventuras, e aínda que eu non suba a Primaria con eles seguro que estarán estupendamente ben co profe que lles toque 😊

      Eliminar
  3. Pois si estamos moi contentas ca profe que lle tocou os nosos nenos, e eles tamen estan encantados non ay mellor maneira de aprender que divertirse

    ResponderEliminar
  4. pois si,da gusto ver como pouco a pouco de fan autónomos,todo un reto ter taaantos peques...pero orgullosa podes estar o bo traballo que esta a facer..graciassss!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ter tantos peques mola porque aprendo moito como profe e, sobre todo, recibo mooooitos achuchóns 😍 Gracias a vós! 😘

      Eliminar

Publicar un comentario