Publicacións

CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ROI!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós Rosario, a mamá do noso compañeiro Roi! Contounos a historia de " Paco Papán ", un raparigo que durante unha semana intentou buscar traballo, aínda que sempre sufría algún percance ata que atopou o seu oficio ideal! Gustounos moitísimo e por iso aplaudimos moi forte! Ademais, o conto que nos trouxo a mamá de Roi non era un conto coma os que nós coñecemos... Era enorme, fixérao ela mesma e podíamos pegar e despegar moitas cousiñas! Ao rematar a historia botamos un montón de foguetes e, por suposto, como agradecemento á mamá de Roi, enchémola de bicos e abrazos. Nós tampouco marchamos coas mans baleiras, xa que Rosario nos agasallou cunhas moedas de chocolate como coas que lle pagaron a Paco Papán na sastraría e cuns chaveiros de caracois que construíron ela, Roi e o seu irmán Leo con "hama beads". Chulísimos! A m...

CATÁLOGO DE NADAL: XUSTO OU INXUSTO?

Imaxe
No día de hoxe continuamos completando o noso catálogo de xoguetes utilizando e analizando algunha das súas imaxes! Desta vez tocou abordar os diferentes apartados diferenciando aquilo que nos parece xusto e aquilo que non o é. Estas foron as nosas conclusións: CORES PELUCHES E BONECAS COCIÑAS E SUPERMERCADOS PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE MEDIOS DE TRANSPORTE CONSTRUCIÓNS DEPORTES VEHÍCULOS XOGOS DE MESA DISFRACES Ademais, decoramos mandalas de Nadal que colgaremos no corredor xunto aos adornos que trouxemos das nosas casas! Iso si, aínda temos que darlle o toque final, xa veredes... Igualmente, esta tarde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, e do que forma parte a nosa profe, escolleu as postais gañadoras que protagonizarán o calendario do ano 2018, e aínda que a da nosa clase non resultou vencedora estamos moi contentos e contentas porque nos quedaron así de bonitas despois de tantos días de esforzo e ...

CATÁLOGO DE NADAL: PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS!

Imaxe
No día de hoxe comezamos a mañá estreando unha saborosa rutina... Xa estamos no mes de decembro, o mes do Nadal, así que o encargado ou encargada, despois de colocar o día no noso calendario, abrirá este outro e comerá unha doce chocolatina mentres comproba cantos días faltan para esta data tan sinalada. Hoxe foi a quenda de Alejandro! Continuamos o día realizando as primeiras fotografías que formarán parte do noso catálogo de xoguetes... Despois do recreo recibimos a visita de Olga e Suso, a mamá e o papá de Noa, e de Rosario e María, as mamás de Roi e Lucía. As familias recibiron con alegría as nosas cartas e trouxéronnos todo o que nos facía falta: dúas bicicletas, un patinete, unha moto e un tractor. Esta imaxe ilustrará o noso apartado de "Vehículos" e con ela demostramos que as cores non teñen xénero e que este non é un xogo exclusivo de nenos, xa que as nenas tamén se divirten moito conducíndoos. Por outra banda, con relación ao apartado de "Disfraces...

COMO É UN CATÁLOGO DE XOGUETES?

Imaxe
Como ben sabedes, a semana pasada comezamos a nosa andaina cos catálogos de xoguetes para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos das cores e dos xoguetes que se asocian a nenos e nenas e, sobre todo, da inxustiza que isto supón. Estamos moi concienciados con esta problemática, e así nolo demostrou a nosa compañeira Martina, que trouxo este catálogo no que ela e a súa madriña observaron que só as nenas cociñaban e que só os nenos conducían coches, e isto non lle gustou nada de nada! Aproveitamos este catálogo, moito máis significativo para os Pondaliñ@s que os que trouxo a profe, para descubrir as partes fundamentais nas que se dividía un catálogo de xoguetes: portada, índice, xogos e contraportada. Observamos a portada do catálogo que nos trouxo Martina e descubrimos que nela aparecía o nome da xoguetería, imaxes relacionadas co Nadal e o eslogan "Juguetes 2013". Tendo en conta isto, decidimos que a nosa xoguetería se chamase "Don Car...

CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS A MAMÁ E A IRMÁ DE NAIA!

Imaxe
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estiveron con nós Sandra e Alejandra, a mamá e a irmá maior da nosa compañeira Naia! Comezou Alejandra contándonos a historia do Ratiño Pérez, e grazas a este conto coñecemos como empezou a recoller os dentes que lle caían aos nenos e nenas de todo o mundo e para que os utilizaba... Sabedes para que? Pois para facer un castelo brillante con todos eles! Sandra contounos a historia de Gazapillo, unha cría de coello que por non lle facer caso ao que lle dixo a súa mamá sufriu varios percances ao saír da súa guarida... Grazas a esta historia reflexionamos sobre a importancia de obedecer aos maiores para evitar determinados perigos! Ao rematar cada conto botamos un montón de foguetes e, por suposto, como agradecemento á mamá e á irmá de Naia regalámoslle moitos bicos e achuchóns! Volvede cando queirades Sandra e Alejandra, estades máis que invitadas! ...

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Mañá, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, mais no noso colexio adiantamos esta conmemoración ao día de hoxe. Comezamos a xornada cos nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil escoitando a tres nenas e un neno de 6º de Educación Primaria, os cales nos explicaron o porqué desta conmemoración, faláronnos de diferentes situacións inxustas e mostráronnos os carteis en defensa da igualdade que expuxeron no hall. Ao entrar na aula atopamos algo na nosa alfombra... Dous contos que xa coñecemos como son " Artur e Clementina " e " O libro dos porcos " e varios catálogos de xoguetes. Para que sería todo isto? De súpeto recordamos algo que nos dixeran dúas das nenas maiores... Na gran maioría de catálogos a cor rosa asóciase ás nenas e a cor azul aos nenos. Isto é así? Claro que non, as cores non teñen xénero! E así o demostramos cos nosos mandilóns... Non ocorre nada cando un neno pon un mandilón rosa ou vio...