CONTOS POR BICOS: VISÍTANNOS A MAMÁ E A IRMÁ DE NAIA!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estiveron con nós Sandra e Alejandra, a mamá e a irmá maior da nosa compañeira Naia!

Comezou Alejandra contándonos a historia do Ratiño Pérez, e grazas a este conto coñecemos como empezou a recoller os dentes que lle caían aos nenos e nenas de todo o mundo e para que os utilizaba... Sabedes para que? Pois para facer un castelo brillante con todos eles!


Sandra contounos a historia de Gazapillo, unha cría de coello que por non lle facer caso ao que lle dixo a súa mamá sufriu varios percances ao saír da súa guarida... Grazas a esta historia reflexionamos sobre a importancia de obedecer aos maiores para evitar determinados perigos!


Ao rematar cada conto botamos un montón de foguetes e, por suposto, como agradecemento á mamá e á irmá de Naia regalámoslle moitos bicos e achuchóns! Volvede cando queirades Sandra e Alejandra, estades máis que invitadas!


Continuamos a tarde decorando as bolsas que levaremos para as nosas casas con tódolos traballiños que realizamos este 1º trimestre, pero isto mostrarémosvolo dentro dunhas semaniñas... Pero como aínda nos quedou un pouquiño de tempo antes de prepararnos para saír, lemos unha vez máis a historia de Caracol e Caracola grazas ao conto que nos trouxo Xabi.


E falando de caracois, os do noso caracolario seguen moi ben alimentados grazas á mazá, á mandarina e aos tomatiños que lles trouxo o noso compañeiro Hugo!

Comentarios

  1. Foi un placer solo polos bicos dos nenos vale a pena, o q pasou e q coas presas quedoume o detalle dos nenos na casa e naia esta moi acatarrada e con tos, cando volva o cole ela levará os detalles dos nenos, son geniales todos, cariñosos un montón, xa no patio me encheron de bicos e abrazos, sale unha coa autoestima moi alta jajajajajajaj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que marchásedes tan contentas, a nós tamén nos gustou moito recibir a vosa visita 😊

      Eliminar

Publicar un comentario