COMO É UN CATÁLOGO DE XOGUETES?
Como ben sabedes, a semana pasada comezamos a nosa andaina cos catálogos de xoguetes para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Falamos das cores e dos xoguetes que se asocian a nenos e nenas e, sobre todo, da inxustiza que isto supón. Estamos moi concienciados con esta problemática, e así nolo demostrou a nosa compañeira Martina, que trouxo este catálogo no que ela e a súa madriña observaron que só as nenas cociñaban e que só os nenos conducían coches, e isto non lle gustou nada de nada! Aproveitamos este catálogo, moito máis significativo para os Pondaliñ@s que os que trouxo a profe, para descubrir as partes fundamentais nas que se dividía un catálogo de xoguetes: portada, índice, xogos e contraportada. Observamos a portada do catálogo que nos trouxo Martina e descubrimos que nela aparecía o nome da xoguetería, imaxes relacionadas co Nadal e o eslogan "Juguetes 2013". Tendo en conta isto, decidimos que a nosa xoguetería se chamase "Don Car...