QUE FIXEMOS HOXE?
Esta mañá, despois das rutinas do encargado, descubrimos que na nosa aula apareceron dous dados xigantes que nos axudarán, aínda que nós non o saibamos, a seguir avanzando nisto da subitización (establecer o cardinal dunha colección sen necesidade de realizar ningunha actividade de conteo, isto é, dicir cantos puntiños saen nos dados sen contalos). Algún xa chega a 6! Ademais, aproveitamos as nosas tiradas para realizar algunha que outra suma, axudándonos das nosas mans! Así mesmo, antes da merenda tamén tivemos tempo para incidir na grafía do número 4 e estampar as cabazas que faltaban para completar a colección. Mañá debuxarémoslle os ollos, o nariz e a boca, xa que hoxe quedaron a secar!
Os martes (e tamén os mércores) temos ao profe Xalo moito tempo na aula, así que esta tarde aproveitamos para seguir traballando nas nosas mesas, xa que ás veces precisamos axuda e ter dous profes na clase mola! Seguimos coa grafía da letra "u", e cada día facémola mellor! Aínda que a seguiremos practicando a través de xogos e traballo escrito, hoxe coñecemos á Raíña A... Queredes coñecer a súa historia?
Ademais, para rematar esta xornada, a nosa compañeira Lucía contounos ela mesma este conto tan divertido onde un caracol se vai transformando en diferentes animais! Encantounos!
E falando de caracois, estes seguen moi ben alimentados grazas a tódalas plantas e verduras que lles trouxo a nosa compañeira Noa!

Cada día cousiñas novas,que maravilla, subitización madre mía, tamén vou aprendendo eu vocabulario novo jejeje...nunca te deitarás sen saber unha cousa máis. A Lucía gustalle moito o conto de veo veo de seu irmán Álvaro e a ela tocoulle o desplegable do caracol, que xa o sabe de memoria, ela vai contando a historia a súa maneira😊
ResponderEliminarJajajaja, son términos da metodoloxía ABN. Imos pouco a pouco que a profe tamén está aprendendo! E si, cando a mamá de Mario nos contou o conto de "Veo veo" xa Lucía nos explicou que era o favorito de Álvaro! 😁
Eliminar