ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO!
Hoxe estamos de celebración! As nosas compañeiras Claudia e Mariña fanse maiores e xa teñen 4 anos! Aquí as tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios!
Por suposto, tódolos Pondaliñ@s as felicitamos, e aquí estamos cun par de Teos, que tamén se quixeron unir á nosa celebración!
Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Claudia e Mariña sopraban unha vela co número 4!
Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas coa saborosa tarta de chocolate que cociñou o padriño da nosa compañeira Mariña!
Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Raquel e Reme, as mamás de Claudia e Mariña tamén quixeron compartir este momento con elas!
Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que vos gustasen os nosos agasallos!
Moitas felicidades Claudia e Mariña, que boa pinta tiña esa tarta, e que cumples máis ben celebrados fan os nosos nenos. En nada xa todos con 4 aniños, madre mía que rápido pasa o tempo. 😘😘😘😘
ResponderEliminarE tan rápido! En menos de dous meses comezamos a estrear coroas co número 5 😱😱😱
EliminarFelicidades guapisimas, que mayores van os nosos nenos
ResponderEliminarA verdade é que si 😱😱😱
Eliminar