CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS O PAPÁ DE MARTA!

No día de hoxe recibimos unha visita moi especial... Sabedes por que? Pois porque por fin deu comezo o noso "Contos por bicos", esa proposta onde as familias nos vindes contar unha historia e nós a cambio agasallámosvos con moitos moitos bicos! O primeiro que nos veu contar un conto foi Gonzalo, o papá da nosa compañeira Marta!


Aínda que en realidade non nos contou un conto, senón que nos contou tres! Tres historias clásicas: "Bambi", "O gato con botas" e "Os tres porquiños". Gustounos moito e botamos un montón de foguetes ao rematar cada conto. Por suposto, nós agasallámolo con moitos bicos! Volve cando queiras, estás máis que invitado Gonzalo!


Despois desta sesión de contacontos, reunímonos en asemblea e conversamos sobre o que ocorrerá mañá... Ás 11 da mañá concentrarémonos na entrada do noso colexio xunto aos nosos mestres e compañeiros, e tamén cos membros da asociación Íntegro. Esta concentración realízase a favor da non discriminación e da accesibilidade universal, á vez que reivindicamos a eliminación de barreiras arquitectónicas. O noso cole aínda conta con moitas destas barreiras, e a nosa conclusión despois desta conversa foi que non nos gusta que papás e mamás que se desprazan en cadeiras de rodas non poidan subir ás nosas aulas a celebrar os aniversarios dos seus fillos e que tampouco poidan vir á nosa biblioteca contarnos un conto. Como isto non nos parece para nada xusto, intentamos buscar unha solución, e o que se nos ocorreu foi que na nosa escola se construísen máis rampas e un ascensor. A verdade é que non estaría nada mal!


Para rematar a xornada, a nosa compañeira Zaira alimentou aos nosos caracois con estas ricas follas.


Ademais, coma tódolos luns, a profe limpou ben a fondo o noso caracolario, porque non sabedes como se pon despois da fin de semana! E limpando e limpando, agochados debaixo dunhas berzas estaban un caracois moi moi pequeniños. De onde saíron? Pois dos ovos que puxeron os nosos caracois fai un par de semanas! A mestra con moito coidado colleu uns pouquiños e púxoos nun caracolario moito máis pequeno para que mañá pola mañá os poidamos observar máis facilmente! Sodes quen de velos nas seguintes fotografías?


Comentarios

  1. uiii que contento marcharia Gonzalo cos bicos deses nenos!!!!, e si,temos un colegio non accesible aunque conseguimos as ramplas,o accensor será o próximo proxecto..queda moito por facer...e ampliaseche a familia jijijiij,que pequeniñooosss...xa es toda una esperta caracolaria jijijji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oxalá a accesibilidade chegue pronto ao noso cole e a tódolos lugares do mundo 👏👏👏 Por certo, hoxe estade atent@s que nos grabaron durante a concentración e ás 19:00 horas saímos na TVG no programa "Galicia viva" 🤗

      Eliminar
    2. Gracias!! estaremos atentos!!

      Eliminar
    3. De nada! Ao final os nen@s de 4 anos non saímos na reportaxe, pero o importante foi estar alí 🙂

      Eliminar
  2. Ojala poidamos ver como se eliminan todas esas barreiras para que todos poidamos disfrutar dos nosos peques, debiu contar moi ben o conto que estaban todos atentisimos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oxalá que si 🤞🤞🤞 Por certo, hoxe estade atent@s que nos grabaron durante a concentración e ás 19:00 horas saímos na TVG no programa "Galicia viva" 🤗

      Eliminar
  3. Aroa non puído asistir porque volve a tar con fiebre pero oxalá se consiga eliminar todas as barreiras .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non pasa nada, o importante é que se recupere 🙂 E aínda que non estivese presente, ela é consciente desta problemática e gustaríalle que todas as barreiras fosen eliminadas 😇

      Eliminar

Publicar un comentario