PASARRÚAS DE ENTROIDO!

Hoxe por fin chegou o gran día, o día máis esperado, o día de estrear os nosos disfraces de pallasetes e pallasetas e lucilos polo pobo para que tódolos nosos veciños nos visen e se divertisen con nós!

Aquí nos tendes a todos antes de saír do cole coa mestra Rocío e coa profe Sandra, que estivo pendente de nós durante toda a xornada! Moitísimas grazas!



E se nos queredes ver máis de preto... Aquí nos tendes! Moitísimas grazas a tódalas familias polo espectacular traballo de vestiario e maquillaxe que fixéchedes con estes Pondaliñ@s tan animados!


E despois de tódolos preparativos, tocaba sacar ao noso Circo Pondaliano polas rúas de Ponteceso! Saúdamos a toda a xente que saiu das súas casas e dos seus negocios para vernos, dende o cole ao Recheo! Menuda camiñata!

E xa no Recheo, tocaba interpretar as cancións que estivemos ensaiando coa profe Luisa. Estivemos un pouquiño tímidos porque había unha gran multitude pendente de nós, pero fixémolo moi ben e aquí nos tendes!


Xa de volta no cole aproveitamos para sacar unha fotografía no noso photocall circense! Mirade que guapos estamos acompañados de Xalo e Rocío!


E despois de tanta festa, tocaba repoñer forzas cos saborosos doces de Entroido que aportaron as familias e quentar as nosas barrigolas cun rico chocolate!


Nuns días compartiremos máis vídeos e fotografías deste día tan especial (xa sabedes que temos un pequeno enchufe coa ANPA do noso cole). Agora o que toca é descansar e divertirse nestas vacacións de Entroido! Vémonos o xoves Pondaliñ@s!

Comentarios

  1. un dia moi bonito!!! fixestelo estupendamente!! e todos juapiiisimooos!!,jijiji xa che leva Roi material ! gracias Rocio e Xalo x todo o que traballades!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O máis importante é que eles disfrutasen do día, e penso que o pasaron en grande! Moitas grazas polo material 🙃

      Eliminar

Publicar un comentario