ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO!
Este venres, os Pondaliñ@s celebramos os aniversarios das nenas e do neno que cumpriron anos no mes de novembro. Mariña, Claudia e Daniel xa teñen 3 aniños! Mirade que guapos no noso marco dos aniversarios, coa súa coroa e a súa chapa conmemorativa!
Por suposto, todos os seus compañeiros e compañeiras os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que como podedes ver estaba moi contento e non se quixo quitar a súa gravata elegante para a festa que lle esperaba!
E xa sentados nas nosas cadeiras, era o momento de cantar o "Cumpleaños feliz" e de soprar a vela de aniversario!
E logo, que tocaría facer? Pois comer esa rica tarta, acompañada duns saborosos zumes! ÑAM, ÑAM!
Pero aínda tiñamos unha bonita sorpresa para o día de hoxe... A mamá de Claudia, a mamá e a avoa de Daniel e a mamá de Mariña tamén estaban invitadas a esta celebración!

Feliz cumple!!!!🎂🎉🎁🎂🎉🎁 que ben celebrado. Moitas felicidades.
ResponderEliminar