EQUIVALENCIAS E SERIACIÓNS!

Esta mañá a nosa aula apareceu moi moi outonal! Unha vez máis, tocaba xogar cos pratos, pero en vez de pompóns, no día de hoxe estes contiñan noces e castañas, e tamén follas de diferentes cores, tamaños e formas. Así atopamos todo:



Desta vez a cousa estaba moito máis complicada, pois era o momento de fixarse só no número de elementos e non no seu contido. Ningún prato era igual a outro! Traballando por parellas, así quedou a nosa ringleira despois duns minutiños:


Ademais, hoxe engadimos unha nova misión. En función do número de elementos de cada prato, a parella correspondente debía escoller o número correcto, situado no noso encerado de cor branca.


Rematada esta tarefa, seguimos sentados na alfombra para realizar unha nova actividade. Así pois, esta mañá iniciámonos na seriación. Alí tiñamos unha bolsa con noces e outra con follas, e os profes axudáronnos a comezar ese camiño de folla-noz-folla-noz... Cando xa o fomos entendendo, o encargado Alonso foi o elixido para seguir construíndo ese camiño, e detrás del fomos os demais compañeiros e compañeiras. Fixémolo fenomenal e quedounos un camiño xigante!



Comentarios