TEO VOLVE DA CASA DE... DANIEL!

Esta mañá, o noso Teo de cor vermella regresou á escola moi emocionado, disposto a contarnos as aventuras que vivira na casa de Daniel.

O venres, tan pronto como chegou do cole, a nosa mascota merendou o rico biscoito que preparara a mamá do noso compañeiro, e alí coñeceu a un Teo de cor verde! Con el e con Daniel, a nosa mascota estivo vendo a televisión.

Tamén coñeceu a tódolos peluches que Daniel ten na súa casa e, por suposto, non podía deixar de xogar con eles. Ademais, Teo foi de paseo co noso compañeiro no coche dos seus papás! 

Daniel púxose un pouco enfermo durante esta fin de semana, pero alí estaba Teo para axudalo a curarse rapidamente e facer que hoxe xa chegase ao cole completamente recuperado! Mirade que contento mostrando o noso libro viaxeiro!

Comentarios