CORRE CORRE, CABACIÑA!

Esta mañá, ao entrar na aula, descubrimos que a nosa cabaza desaparecera! Alí só quedaba a cesta coas follas secas, a castaña e a noz... Que pasara durante a noite? Onde se atopaba a nosa nova amiga? Intentamos buscala por tódolos recantos da clase, pero en ningún estaba. Tampouco no baño, nin no parque, nin no comedor... Roubaríaa alguén? Marcharía ela soa? Non tiñamos idea...

Pero hoxe foi martes, e coma tódalas tardes dos martes, era momento de subir as escaleiras e visitar a biblioteca. E menuda sorpresa levamos! Alí estaba Cleo coa nosa cabaza! Resulta que onte veuna buscar á nosa aula para que a cabaza non estivese soa toda a noite! Pero a cabaza tiña algo diferente... Saíranlle pernas e pés!


Todo isto era demasiado estraño e ningún de nós sabíamos o que estaba ocorrendo. Por sorte, Cleo deixounos un conto que nos axudou a entender que esas pernas eran dunha velliña que se atopaba no interior da nosa cabaciña. Queredes saber que facía alí dentro? Escoitade ben a súa historia...


Despois de botar os foguetes pertinentes e realizar o préstamo de libros, baixamos de novo á nosa clase, onde escoitamos a canción deste conto que tanto nos gustou. Por suposto, "Corre corre, cabaciña" convertirase na canción oficial do mes de novembro!

Comentarios