PRIMEIRAS EQUIVALENCIAS!
Na aula de 3 anos estámonos iniciando no Método ABN, unha forma lúdica e divertida de abordar as matemáticas. Seguiremos con el durante os tres cursos de Educación Infantil, manipulando distintos materiais, traballando con cantidades concretas, construíndo números, descubrindo as regras e as relacións que se dan entre eles...
Durante as últimas semanas estivemos traballando os cuantificadores (moitos-poucos, máis que, menos que...), e hoxe iniciámonos nas equivalencias (1-1, 2-2, 3-3). Por ser o noso primeiro día axudámonos das cores destes pompóns, pero isto irase complicando pouco a pouco, con materiais diferentes, onde non importe ningunha característica física, onde só teñamos en conta a cantidade.
Ao volver do recreo, repousando nas nosas mesas, descubrimos que algo cambiara na nosa aula... Mirade que apareceu no chan do recanto da cociña e na mesa do ordenador! Que era iso?
Xa sentados na alfombra, esperamos expectantes a descubrir que era o que tiñamos que facer.
Despois da explicación da profe... Puxémonos mans á obra!
Así foi como entre todos nós conseguimos construír estes emparellamentos tan xeniais!

Este era o noso modelo!
E entre todos estes tivemos que elexir!
Xa sentados na alfombra, esperamos expectantes a descubrir que era o que tiñamos que facer.
Por fin temos unha foto os 25 xuntos!
Despois da explicación da profe... Puxémonos mans á obra!
Lucía e Aroa V. (1-1 azul)
Marta e Leila (2-2 verde)
Mariña e Brais P. (3-3 vermello)
Izan e Andrea (2-2 amarelo)
Alejandro e Brais M. (3-3 rosa)
Daniel e Roi (1-1 branco)
Alonso e Lucas (2-2 azul)
Aroa P. e Nizar (3-3 amarelo)
Martina e Claudia (2-2 rosa)
Noa e Iria (3-3 verde)
Daniella e Naia (1-1 vermello)
Zaira, Xabier e Hugo (2-2 branco)
Así foi como entre todos nós conseguimos construír estes emparellamentos tan xeniais!
Listo! Bravo por nós!
Conocín o merodo ABN o ano pasado no cole no que traballo coa profe Raquel de infantil, e flipoume! As veces que lle dixen que ojalá o utilizaran con Martina y oh sorpresa 👏👏👏👏ahora mismo me regodeo coa profe raquel 😜😜
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos guste a nosa forma de traballar! :)
EliminarPD: A profe Rocío aínda se está iniciando neste método, así que calquera consello da profe Raquel será benvido!
Por certo o rápido que o pillan os nenos e o que lle costou explicarme a min cos palillos e sumar 🙄😂
ResponderEliminarJajajaja, non é tan complicado, só hai que collerlle o punto. Aínda que as sumas deixámolas para os próximos trimestres, pero estes Pondaliñ@s coas ganas de aprender que teñen seguro que pronto dominan este método! ;)
Eliminar