DECORACIÓN DE NADAL!

Á nosa aula xa están chegando moitos dos adornos de Nadal que estamos preparando coas nosas familias, e que pronto colgaremos polos corredores da nosa escola. Pero na clase tamén estamos facendo cousiñas relacionadas con esta época do ano que tanto nos gusta... Esta semana descubriremos o que é unha postal, moi pronto crearemos a portada dos nosos traballiños do 1º trimestre, e durante estes días xa decoramos as zapatillas que este ano formarán parte da árbore de Nadal que pronto aparecerá colocada na entrada do noso colexio.

O primeiro que fixemos foi pintalas coas cores que máis nos gustaron. Logo, decorámolas con catro gomets en forma de estrelas e pegamos unha boliña de algodón a modo de pompón. Feito isto, a profe encargouse de recortalas e poñerlle purpurina de cores na sola de cada zapatilla para darlle un pouco de brillo de Nadal.

Aquí as tendes! Que vos parecen? Esperamos que en poucos días poidamos compartir con todos vós a fabulosa árbore de Nadal creada con tódalas zapatillas de tódolos nenos e nenas da nosa escola!

Comentarios

Publicar un comentario