TEO VOLVE DA CASA DE... CLAUDIA!

Esta mañá, o noso Teo de cor azul regresou á escola acompañado da nosa compañeira Claudia! Pasouno fenomenal xunto a ela e á súa familia. Así foi a súa fin de semana:

O venres, tan pronto como chegaron da escola, a nosa mascota coñeceu a Ainoa, a irmá de Claudia, e con elas xogou toda a tarde ata que o seu avó Manolo os levou visitar á tía Rosalía, coa que estiveron dándolle de comer ás súas vacas! De volta á casa, cearon coa súa avoa, e Teo e Claudia decidiron durmir ben xuntiños!

O sábado era un día moi especial... O aniversario da nosa compañeira! Por suposto, a nosa mascota cantoulle o "Cumpleaños feliz" acompañado dos seus pais e da súa irmá. Ademais, aproveitou para soprar as velas con Claudia e probar o rico tiramisú que prepara a súa mamá. E algo que non pode faltar en ningún aniversario? Abrir os regalos! Pero non todo ía ser festa... Esa mesma tarde, Teo foi ao catecismo coa nosa compañeira e a súa avoa, e tamén a clase de pandeireta e baile galego! Menudos artistas están feitos!

E o domingo madrugaron para xogar con tódolos novos xoguetes que tiña Claudia. E a mediodía, Teo montouse no coche para comer na Coruña, onde tamén aproveitou para visitar a Torre de Hércules e a Casa dos Peixes. Menuda fin de semana! Pasouno fenomenal!


Comentarios