O XOGO DOS NOMES!

Como ben sabedes, unha das nosas rutinas de pola mañá é escribir o nome do encargado ou encargada do día coas letras imantadas. Desde a semana pasada, tamén collemos o rotulador máxico para escribilo nós mesmos no encerado grande. Por suposto, sempre contamos o número de letras que cada nome ten, as letras que o compoñen, os seus sons... Pouquiño a pouco xa imos recoñecendo algunhas!

Hoxe, a profe Rocío presentounos un novo xogo... Queredes que vos expliquemos en que consiste?

O encargado de hoxe foi Nizar, polo que a mestra chamou aos seus compañeiros e compañeiras de mesa para que se colocasen no centro da alfombra. Logo, repartiulles uns pequenos carteis co nome e a foto de cada neno e cada nena. Agora si, era o momento de xogar as adiviñanzas... Rocío ensinaba un nome, e despois de observar os carteis, o neno ou nena ao que lle correspondese ese nome debía levantar a man. Se acertaba, a profe dáballe a volta ao papel e aparecía a súa foto! E os demais compañeiros e compañeiras regalabamoslle un forte aplauso! Hoxe tocoulle ao equipo verde e fíxoo fenomenal! A que equipo lle tocará mañá? Todo depende do encargado ou encargada de cada día...


Se a algún Pondaliñ@ lle apetece realizar este xogo na casa, a profe transformouno en vídeo para que poidamos xogar cantas veces queiramos. Tamén o usaremos na clase dentro dunhas semanas, cando ademais de identificar os nosos nomes, tamén comecemos a recoñecer o dos compañeiros e compañeiras!

Comentarios

  1. Que ben o pasan no cole nn me estraña que ata enfermos queiran ir igual. Moitas grazas por todo Rocio claudia esta encantada co seu cole e nn me estraña coa moreade de cousas que lle ensinas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para iso está o cole, para aprender un montón! Moitas grazas, alégrome de que vos guste a nosa maneira de traballar :)

      Eliminar

Publicar un comentario