TEO VOLVE DA CASA DE... IZAN!

Despois duns días de descanso, os Pondaliñ@s regresamos ao cole, e un de nós viña máis cargado do habitual... Moi contento chegou Izan, desexando contarnos todo o que fixera coa nosa mascota durante esta longa fin de semana.

Teo pasouno de marabilla na casa do noso compañeiro, almorzando, comendo e ceando con el, xogando cos seus xoguetes e coa súa tablet, ata que se cansaban e decidían durmir ben xuntiños. Tamén foi de paseo por Ponteceso (ao parque, ao supermercado...), e disfrazados de demos, a nosa mascota coñeceu á avoa, aos curmáns e ao tío de Izan.

Foi unha fin de semana moi especial para os dous, pero sen dúbida, o que máis lle gustou a Izan foi xogar con Teo e coas súas cadeliñas Aisha e Dana. Cal será o próximo destino da nosa mascota? Moi pronto o descubriremos!

Comentarios