DECORACIÓN DE NADAL!

Mañá, como cada martes, os nenos e nenas da aula de 3 anos levaremos para as nosas casas as bolsas que conteñen os contos que Cleo nos empresta cada semana. Pero desta vez, as familias deben estar moi atentas, porque non só levaremos novos libros, senón que estas bolsas tamén conterán un adorno de Nadal.

De Nadal? Si, de Nadal! O mes de novembro xa se remata, e pronto comezará o último mes do ano, e con el virá esta festa que tanto nos gusta!


E para que son estes adornos? Pois para engalanar o noso corredor! Coa axuda da nosa familia, deberemos decorar as árbores, as botas, as campás, as estrelas, os lazos, os pauiños ou os regalos que cada un de nós levaremos, e poderémolo facer co material que máis nos guste (ceras, rotuladores, pinturas, algodón, botóns, teas, pegatinas, purpurina...). Unha vez rematado, as nosas familias axudarannos a recortalo, e traerémolo ao colexio antes do próximo venres 2 de decembro.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Comentarios

  1. Ainda que Martina vos diga que o recortou a sua mama, eu vouno negar 🤔😬😂

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajajaja, tranquila que nós facémonos os despistados. Por agora aínda se están iniciando no punzón, o recortado en próximos trimestres ;)

      Eliminar

Publicar un comentario