TEACHER, LEILA E ALONSO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!
Esta tarde, coma tódolos martes, tocou subir ao segundo piso para visitar a biblioteca. Antes de saúdar á nosa amiga Cleo, achegámonos ata a aula de English, onde a Teacher, xunto aos seus alumnos e alumnas maiores, montou unha exposición sobre o mar, xa que é o proxecto que están a realizar. Os Pondaliñ@s cada vez sabemos máis dos esquimós, e algo que xa coñecemos é que o seu mar é o Océano Ártico, onde eles pescan montados nos seus kaiaks e nos seus umiaks. Estivemos vendo todos os animais mariños que alí había, e pensamos cales podían vivir no Polo Norte e cales non. O que máis nos gustou foi unha foca que trouxera Olalla, a irmá do noso compañeiro Brais Pérez. Ademais, serviunos para confirmar algo que lemos estes días nun dos libros que temos na clase: as focas bebés son de cor branco (como as que nos trouxeron Iria e Brais P.!), pero cando se fan maiores serán grises ou negras (como a que levou Olalla!). Tamén chegamos á conclusión de que a foca de Olalla é a mamá da foca de Br...