TEO REGRESA DAS SÚAS VACACIÓNS!

Esta mañá, os Pondaliñ@s atopamos a nosa aula un pouquiño cambiada... Trala marcha de Daniel, reorganizamos a mesa amarela; tamén temos novos carteis para aprender a escribir o noso nome; e Teo mudouse a unha gran mesa de cor azul que se atopa xunto á nosa porta.

Hoxe, a nosa mascota chegou envolta nun gorro, nunha bufanda e nunhas luvas! Vendo a súa postal de Nadal, descubrimos que pasou as vacacións no Polo Norte, cos seus amigos os esquimós ou inuits!

Nós non sabemos demasiado destes amigos seus, pero para aprender máis sobre eles, Teo deixounos unhas fotografías que tomou durante a súa viaxe. Nuns días, tamén vos enviaremos unhas cartas ás familias pedíndovos axuda, a ver se podedes enviar algo sobre os esquimós para poder seguir investigando na aula.

Iso si, algo que aprendemos hoxe é a bicarnos igual que os inuits! Rímonos moito, e creo que así nos imos saudar tódolos días durante as próximas semanas!


Comentarios