ANIVERSARIOS DE XANEIRO!

Este venres, os Pondaliñ@s celebramos o aniversario de Lucas, que cumpriu 3 anos durante as vacacións de Nadal. E tamén era a quenda de Nizar e Iria, os maiores da clase, que xa teñen 4! Mirade que guapos co noso marco dos aniversarios, coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa!



  

Por suposto, todos os seus compañeiros e compañeiras os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se uniu á celebración!


E xa sentados nas nosas cadeiras, era o momento de cantar o "Cumpleaños feliz" e de soprar as nosas velas de aniversario!


E despois, que tocaría facer? Pois encher as nosas barrigolas con esta rica tarta, acompañados duns saborosos zumes! ÑAM, ÑAM!


Pero aínda tiñamos unha sorpresa para este día tan especial! A mamá de Lucas, os papás de Nizar e os papás de Iria (aínda que o papá tivo que marchar antes da foto) tamén estaban invitados á nosa celebración!




MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

Comentarios

Publicar un comentario