TEO VOLVE DA CASA DE... HUGO!

Esta mañá, a nosa mascota medorenta regresou da casa do noso amigo Hugo. Queredes saber que ocorreu durante esta fin de semana tan divertida? Estade atentos que agora mesmo volo contamos:

O venres, nada máis chegar do cole, o noso Teo de cor negra atopouse con outros Teos na casa do noso compañeiro! Si si, como ledes... Hugo ten na súa casa mascotas de cor amarela, azul, verde, vermella, rosa e, por suposto, unha de cor negra! Despois dun cachiño xogando, era hora de prepararse para a clase de judo. Mirade que guapo está Teo con Hugo e co seu profe Juan! Despois de cear, ese mesmo día, o noso compañeiro e a nosa mascota aproveitaron para durmir ben xuntiños.

O sábado pola mañá, despois de almorzar, pasaron un ratiño xuntos vendo a televisión. Logo, era o momento de montarse no coche para visitar un lugar que Teo xa coñece: A Coruña. Iso si, o que nunca fixera foi ver unha peli no interior dun automóbil. Encantoulle a de Turbo! Xa na cidade herculina, mentres a mamá de Hugo facía uns recados, eles dous divertíronse xogando na casiña e baixando polo tobogán! Despois de comer, a nosa mascota montouse nun coche de xoguete co noso compañeiro e Hugo deixoulle conducir! Antes de marchar, o noso amigo mostroulle a Teo a súa tenda favorita da Coruña: unha chea de globos! Tiveron tanta sorte que puideron levar para a súa casa o de Súper Mario! Gastaron tanta enerxía neste día que quedaron durmidos durante a viaxe de volta!

O domigo, despois de almorzar, Teo e Hugo pasárono pipa vendo un dos debuxos animados que ao noso compañeiro máis lle gustan: Peppa Pig! Despois de comer, pola tarde, a nosa mascota axudoulle a Hugo a colorear a Humpty Dumpty! Logo, recibiron a visita de Oliver e Iris, os curmáns maiores do noso amigo! Á noite, decidiron que o mellor que podían facer antes de ir durmir era ler un conto para descansar ben a gusto! 

O que máis lle gustou a Hugo desta fin de semana tan especial foi levar a Teo á súa tenda de globos favorita, presentarlle á súa familia e ensinarlle tódalas mascotas que el ten na súa casiña! Que fin de semana tan xenial, Teo pasouno fenomenal!

Comentarios

  1. Pasamolo moi ben con Teo! Gracias por deixarnolo un fin de semana con nos! 🤓

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós por coidalo tan ben! Teo tamén o pasou fenomenal na casa de Hugo!

      Eliminar

Publicar un comentario