PINTAMOS CON XEO!

Na tarde de onte, os Pondaliñ@s descubrimos que para pintar non sempre precisabamos ceras, rotuladores ou pinceis. Por primeira vez, pintaríamos con xeo!

Por equipos, Xalo e Rocío distribuíron as cores do Polo Norte (branco, azul, gris, violeta, añil e verde) nuns pequenos botes, nos que nós introducimos unha pedra de xeo para logo plasmar toda a nosa arte nunha cartolina, e así crear a nosa particular versión do lugar no que habitan os nosos amigos os esquimós.

Esta mañá, ao chegar á aula, descubrimos que xa secaran, así que aproveitamos para sacar unha foto coas nosas creacións! Xa veredes que faremos con elas, polo momento están expostas no corcho da nosa clase! 

Que vos parecen?




Comentarios