A CANCIÓN DO MES DE XANEIRO!

Como ben sabedes, Teo viaxou ao Polo Norte para facerlle unha visita aos seus amigos os esquimós!

Hoxe, enviounos un vídeo que el mesmo grabou durante a súa viaxe, onde puidemos ver a dous inuits ben abrigados, o entorno no que viven, as vivendas nas que habitan, os animais que con eles conviven... (Non sabemos aínda que facían pingüinos no Polo Norte, se viven no Polo Sur!)

Aquí volo deixamos, por se a algún Pondaliñ@ lle apetece velo de novo na súa casa:


Tamén coñecemos a Nanuk, un neno inuit que saiu a pasear! Escoitade con atención esta canción, para ver que foi o que lle pasou... Por suposto, esta será a protagonista das próximas semanas!

Comentarios