AGASALLOS DO APALPADOR!

Despois dunhas semaniñas de descanso, hoxe tocaba volver ao cole e reencontrarnos cos compañeiros, cos mestres, coa nosa mascota... Pasaron tantas cousas e tiñamos tanto que contar!

Chegamos moi contentos á aula, pero menuda sorpresa levamos cando vimos a nosa alfombra chea de agasallos! Quen pousara iso alí? Pronto o descubrimos ao ver a nota que nos deixara un vello coñecido... O APALPADOR!


Pero que sería o que había escondido tras aquel papel de regalo? Antes de visitar a alfombra, como cada mañá, tiñamos algo que facer, así que apuramos a quitar os abrigos e as mochilas, a deixar as axendas no seu lugar e a abotoar os mandilóns!

Xa sentados ao redor dos agasallos, fomos descubrindo os primeiros paquetes... Non eran para nós, senón que eran para os profes. Carbón doce para todos! Entregarémosllos esta semana, conforme vaian vindo á nosa clase!

Logo, descubrimos que para os nenos e nenas de 3 anos o Apalpador deixara catro agasallos, así que decidimos que un representante de cada equipo fose o encargado de desempaquetalos. Iso si, os regalos son para todos os Pondaliñ@s, e debémolos compartir uns cos outros!

Marta, do equipo azul, e Brais M., do equipo vermello, descubrindo uns contos de animais, dinosauros, cores e números que xa gardamos na nosa biblioteca, así como unha caixa chea de moita plastilina que debemos coidar para evitar que se estreopee!

Naia, do equipo verde, e Alejandro, do equipo amarelo, descubrindo unhas acuarelas que moi pronto estrearemos para decorar algo moi especial e un globo terráqueo inchable moi práctico para o novo proxecto que mañá mesmo iniciaremos!

Comentarios

  1. Que genial que ilusionados se lles ve

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E que non se reciben agasallos do Apalpador tódolos días! 🎁🎉 Sen dúbida, o que máis sensación está causando é a bóla do mundo! 🌍

      Eliminar
  2. Que ben se portaron estos nenos, que cantas cousiñas lles trouxo o apalpador. Que sorte teñen. E os profes tamén, que se van endulzar jejeje

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que si, este Apalpador pensou en todos! 🎀

      Eliminar
  3. cantass cousiñass!! q suertudoooss ehh deberonse portar moi ben!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario