CONCERTO DE MAMÁ CABRA!
Esta mañá, os Pondaliñ@s realizamos unha nova saída. Tocaba montar no autobús para visitar o concello veciño de Cabana de Bergantiños! Con nós levamos a un invitado moi especial, a ver se adiviñades de quen falamos...
Ao chegar ao auditorio, atopámonos cos nenos e nenas do CPI 'As Revoltas' e do CRA 'Os Remuíños', que tamén estaban esperando para ver a actuación de "Mamá Cabra".
Despois duns minutiños de espera... POR FIN COMEZABA!
E despois dunha hora de actuación onde cantamos e bailamos todos xuntos, Mamá Cabra xa se despedía, pero... AÍNDA NON CANTARA O BAILE DA PAZ! Si, ese que ensaiamos coa mestra Luisa! Menos mal que o profe Xalo sabía que nos facía moita ilusión escoitar esta canción e foi falar con eles... Por suposto, Mamá Cabra non nos fallou! Aquí nos tendes:

Foi un día diferente e pasámolo moi ben! Ata a próxima!
vaia cara de felicidad leva Roii!!!! jijijiji q suertaza eses nenooos!!!
ResponderEliminarE que levar a Teo é todo un privilexio! 😊
EliminarQue ben o pasan
ResponderEliminarE mellor o pasarán en algo que nos conseguiu a profe Luisa. Os Pondaliñ@s conquistarán A Coruña! Xa vos iremos contando 🙊
Eliminar👏👏
ResponderEliminarEstes nenos q ben o pasaron, notaselles na cara
ResponderEliminarOs nenos e nenas pasárono moi ben no concerto. E Teo?
ResponderEliminarTeo tamén que é un monstro moi cantarín! Só se disgustou cando a profe Rocío o deixou esquecido fóra despois de merendar. Menos mal que estaba o profe Xalo para rescatalo jejeje
Eliminar