FELIZ NOITE DE REIS!

A de hoxe é unha noite especial para tódolos nenos e nenas do mundo. Alguén moi importante vai chegar esta noite. Teo está convencido de que os Pondaliñ@s xa teñen os seus zapatos limpos e os doces preparados para os Reis Magos e os seus camelos... E seguro que tampouco vos esquecedes de deitarvos ben cedo esta noite!

Teo xa volveu das súas vacacións no Polo Norte, e de camiño deixoulle a súa carta ás súas Maxestades de Oriente. Ao mellor, ao volver ao cole, atopamos algún que outro agasallo na nosa clase... Quen sabe, pediría algo para nós? Moi prontiño poderédelo descubrir, en moi pouquiños días estamos todos xuntos de novo. Tedes ganas de volver?

Comentarios

  1. Andrea ten moitas ganas de volver o cole.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois moi prontiño volvemos! Os profes e Teo tamén temos moitas ganas de ver a estes Pondaliñ@s! 😊

      Eliminar
  2. Roii tamen ten moitas ganas de ir!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario