NOA, ALEJANDRO, AROA P., NAIA E MARTINA AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

A nosa mesa e a nosa cortiza do proxecto está máis chea que nunca! Queredes saber por que? Mirade, mirade!


Noa tróuxonos un DVD cunha película que ten como protagonista a un oso polar. Como é bastante longa, irémola vendo aos cachiños para non perdernos nada dela! Moitas grazas compañeira!


Alejandro ensinounos unha maqueta chulísima do Polo Norte que fixo coa súa mamá. Alí podemos ver a neve, un iglú, un oso polar, unha fogueira que os esquimós usan para quentarse e cociñar, un kaiak no que vai un esquimal a pescar... Encantounos! Moitas grazas Álex!


Aroa Penedo mostrounos o seu osiño polar, que xa descansa cos outros osiños na nosa mesa dos esquimós. Grazas Aroa!


Naia tamén nos trouxo outro osiño polar, pero este traía un sonaxeiro no seu interior! Grazas compañeira!


Martina tróuxonos varias imaxes que buscou e decorou coa súa mamá: a vestimenta dun esquimó, algúns inuits nun iglú, nun trineo e pescando, un par de cans árticos, unha morsa... Moitas grazas Martina!

Ademais, a nosa compañeira Leila foi á biblioteca municipal e alí atopou dous contos de esquimós. Hoxe non os lemos, xa que mañá visitaremos a Cleo, e seguro que lle fai moita ilusión que llos levemos e os contemos con ela!

Comentarios

  1. Que felices van cas suas cousiñas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro, é que se converten en profes por uns minutos e son eles os que explican que trouxeron e como o fixeron! Non tódolos días temos ese privilexio! Ademais, penso que están bastante motivados co tema dos esquimós 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario