BRAIS P., MARIÑA E HUGO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Onte foi un día atarefado e non tivemos tempo de explicar as cousiñas que nos trouxeron algúns dos Pondaliñ@s relacionadas co noso proxecto dos esquimós! Pero hoxe si, hoxe foi o día! Mirade, mirade!


Brais Pérez mostrounos un pingüín do Polo Sur. Analizamos tódalas partes do seu corpo, e ata houbo nenos e nenas que atoparon similitudes coas focas do Polo Norte: non teñen orellas e teñen aletas para nadar máis rápido. Grazas pola túa aportación Brais!


Mariña ensinounos un montón de debuxos relacionados cos esquimós. Como ela xa se está convertendo nunha experta no mundo dos inuits, foi a encargada de explicar todo o que alí se vía! Moi ben Mariña!


Hugo tróuxonos un conto titulado "Ura y Unga. Que en esquimal significa amistad". Como xa era hora de merendar, hoxe non puidemos lelo, pero prometemos facelo mañá! Xa vos contaremos de que fala... Pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foron as canas de pescar e os peixiños que nos trouxo o noso compañeiro. Como el ben sabe, os inuits son grandes pescadores, e nós quixemos imitalos, así que Hugo prestounos as súas canas e alí estivemos ben entretidos intentando darlle caza a eses peixes do Polo Norte tan coloridos! Moitísimas grazas Hugo, gran aportación a túa!

Do que tampouco nos deu tempo foi de ensinar as aportacións de Andrea e Brais M., pero non vos preocupedes, mañá será o voso día!

Comentarios